1 nov 2013

ROCANROL DRAGÓN


Dragaliños!! Dragaliñas!!! Aquí vos deixo un agasallo de Magín Blanco, quen nos axuda a seguir co soño do dragón a través deste tema.

13 oct 2013

A FRATERNIDADE DO DRAGÓN

Bo día Dragaliñ@s

Comeza a competición por atopar o fogar do dragón e descubrir toda a maxia do mundo que nos rodea. Grazas ás aventuras da novela de Dragal, descubriredes os segruedos da amizade, o valor e respecto do diferente e os recunchos máis soterrados das nosas orixes.

Mergulládevos nas catacumbas e facede do voso centro o fogar de Dragal!!! 

Na andaina non estaredes sós. Sete son os cabaleiros que dirixen o traballo doutros tantos gurpos de dragliñ@s. 

Vémonos no WIKI da Fraternidade



21 may 2013

Presentacións 3º ESO A e 3º ESO B: Roberto Vidal Bolaño


Neste cartafol de DropBox tedes as presentacións que o alumnado de 3º ESO A e 3º ESO B  fixo arredor da figura de Roberto Vidal Bolaño para o día das Letras Galegas. Esperamos que vos gusten!

https://www.dropbox.com/sh/wl79lcqfysf41zk/mvlwQLXCyM

Velaí vos vai outra achega á figura de Roberto Vidal Bolaño:


9 may 2013

AID E ROSALÍA

Este venres día 10 podedes gozar dunha sesión de RAP e dunha homenaxe a Rosalía de Castro da man de AID. O concerto vai ser detrás do Marco, na rúa Londres, ás 8.30 e a entrada é de valde.


6 may 2013

CLUB DE LECTURA HdL




AS SETE MORTES CLUB DE LECTURA HdL

REUNIÓN NA BIBLIOTECA 
MÉRCORES 15 DE MAIO
12:05 - 12:30